
Bos resultados para o Sanysec-Ourense Atletismo no Campionato Galego Sub20 de Clubs, celebrado o 10 de outubro en Pontevedra. Alí o seu equipo feminino lograba o triunfo e o masculino a cuarta praza, quedando a un só punto do podio.
Os homes remataron con 86 puntos, frente aos 87 do Marineda eos 88 da SG Pontevedra. As vitorias chegaron a cargo de Miguel Carbajales na pértega con 4.21 m., do valdeorrés Javier Cid en martelo con 51.38 m. e Raúl Gude en xavelina con 48.51 m.

En categoría feminina, o equipo venceu con 92 puntos, os mesmso que o Club Atletismo Sada e tres máis que a SG Pontevedra. O desempate co Sada deuse polo número total de vitorias. Venceron nas súas probas Naroa Pereira nos 1.500 con 5:27.49, Claudia Pérez nos 3.000 lisos con 11:58.58, Rocío Marín nos 100 m.v. con 16.19, Lucía Quintas nos 400 m.v. con 1:08.71, Rebeca Fernández en pértega con 2.91, Lara Pereira (do filial Ben Cho Shey) en xavelina con 30.33 e Icía Ares nos 5.000 marcha con 26:23.01.
Fotos: Sanysec-Ourense Atletismo.
