OurenseÚltima hora

O público do OUFF premia ao filme “Las Cinéphilas” da arxentina María Álvarez

O Festival de Cinema Internacional de Ourense celebrou onte a súa Gala de Peche coa proxección de “La ley de la Frontera”, de Adolfo Aristarain

Noite de peche para o Festival de Cinema Internacional de Ourense. A semana de cine da capital pon punto e final hoxe, 27 de outubro, a sete días intensos de pura sétima arte. Coma é costume, polo “photocall” foron desfilando as diferentes personalidades, patrocinadores e convidados a esta festividade antes de pasares ao salón do Auditorio Municipal de Ourense a gozar da entrega de premios desta vixésimo segunda edición.

Un a un fóronse entregando os premios do palmarés do festival no que destacou o premio do público para a película “Las Cinephilas”, da directora arxentina María Álvarez. Que, nun breve discurso, agradeceu ao público da cidade das Burgas que lle outorgasen tal premio: “estamos moi contentos”, dixo.

Tras esta entrega, tivo lugar a foto de familia. Todos os que fixeron a súa aportación, xa fora dun xeito ou doutro, dentro do OUFF xuntáronse no escenario do auditorio para sacar unha foto de familia.

A gala pechou coa proxección do filme “La ley de la frontera”, unha produción hispano-arxentina do ano 1995 dirixida por Adolfo Aristarain.

Balance positivo 

A pesares de non teres datos nin terse reunido co equipo, o director do festival, Fran Gayo, asegurou que pecha este festival “con bo sabor de boca”. O obxectivo deste ano era sacar o festival á rúa e Gayo reiterou que “as actividades paralelas ao OUFF foron todo un éxito”. A pesar de todo foi precavido e asegurou que agora “temos que xuntarnos todo o equipo e ver o que hai que mellorar”, dixo.

Máis información sobre o palmarés do OUFF nesta ligazón e na versión impresa do mes de novembro do Xornal “O Sil”.

“La vendedora de fósforos” e “Baronesa”, mellores filmes do 22 OUFF

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button