CulturaCulturaÚltima hora

Volta ao mundo en 10 días dende Celanova

Dúas semanas de campamento de verán, da man da Fundación Curros Enríquez e Xurxemurxe Xestión Cultural
Primeira xornada do campamento de verán na Casa dos Poetas de Celanova.

A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova, organiza nas semanas do 7 ao 11 e do 21 ao 25 de agosto unha ludoteca de verán impartida por Xurxemurxe Xestión Cultural.

Dirixida a nenos de entre 4 e 12 anos e cun horario de 10:30 a 13:30h. na Casa dos Poetas, “realizaremos unha volta ao mundo en 10 días”, explican dende a Fundación. Co obxectivo de coñecer o planeta Terra, os diferentes continentes e os lugares máis pintorescos polos que está conformada así como a súa cultura, clima, territorio, medio ambiente, sociedade, etc… levaranse a cabo diversas actividades relacionadas con países como Australia, Escocia, México ou Italia entre outros.

Entre as actividades que se desenvolverán neste campamento de verán inclúense obradoiros creativos; búsqueda do tesouro; xincanas; xogos populares; saídas e excursións; convivencias; cociña; cctividades de animación á lectura,…

Con respecto ao programa, hoxe, luns 7 de agosto tiña lugar a presentación e confección do mapa do mundo xigante así como do caderno de bitácora e dos medios de transporte. Mañá, martes día 8, confeccionarase o pasaporte, partindo de Galicia con bailes e xogos cantados; o día 9 toca México cociñando guacamole; o día 10 visitarán o Sahara cunha xincana polo deserto; e o día 11 irán de expedición ata o Amazonas, con saida por Celanova na procura do tesouro.

Na segunda quenda, o luns 21 de agosto viaxarán por Oriente Medio,a través dun obradoiro de papiroflexia e cerimonia do té xeado; o día 22 toca Escocia con xogos Highlands; o 23 Italia cociñando calzone; o 24 Australia cun obradoiro creativo e musical “Danza da choiva co Didgerido”; rematando o día 25 en Groenlandia como pingüinos.

Artigos relacionados

Back to top button