OurenseÚltima hora

A Volta e Ecovidrio presentan en Ourense a campaña “Recicla vidrio e pedalea”

O ciclista Óscar Pereiro é o embaixador que acompañará esta iniciativa durante toda a ronda
O ciclista Óscar Pereiro e o   director de Marketing de Ecovidrio Borja Martiarena. /Foto: Sara Fontenla.
O ciclista Óscar Pereiro e o director de Marketing de Ecovidrio Borja Martiarena. /Foto: Sara Fontenla.

Por segundo ano consecutivo, a Volta ciclista a España e Ecovidrio poñen en marcha a campaña “Recicla vidro e pedalea” na que participarán os ciclistas da ronda.

Tal como informan dende a entidade encargada da xestión do reciclado de vidro en España, nesta nova edición, 13 dos municipios polos que se desenvolverá a competición (6 deles galegos) uníronse a Ecovidrio como “participantes activos na concienciación sobre a reciclaxe de vidro, xa que o trofeo dos gañadores das 6 primeiras etapas será de vidro reciclado polos veciños de Castrelo de Miño, Baiona, Dumbría, Cedeira, Lugo e Nogueira de Ramuín”, un trofeo que simboliza “o esforzo tanto dos ciclistas en cada etapa como dos cidadáns por coidar o medioambiente”. Ademais, Ecovidrio ubicará un contenedor verde no podio para que os gañadores de cada etapa depositen a botella coa que celebran a vitoria durante a cerimonia de entrega do maillot vermello.

Un momento da presentación da campaña en Ourense. /Foto: Sara Fontenla.
Un momento da presentación da campaña en Ourense. /Foto: Sara Fontenla.

O ciclista español e campión do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro, será, por segundo ano, o embaixador que acompañe durante toda a vuelta esta iniciativa que combina os valores do ciclismo e a reciclaxe de vidro. El mesmo, foi o encargado de presentar, xunto director de Marketing de Ecovidrio Borja Martiarena, a campaña na cidade de Ourense, de onde sairá a segunda etapa da ronda o domingo 21 de agosto.

A presentación da campaña e dos trofeos tiña lugar na maña do 19 de agosto na cafetería Tamarindo.

Artigos relacionados

Back to top button