En portadaÚltima hora

Voluntarios de Protección Civil da Rúa, Viana, Trives e O Barco, entre os galardoados na IV Xornada de AVPC en Allariz

 

Despois dunha intensa mañá de actividades formativas, visitas institucionais e turísticas, así como dun xantar de confraternidade, a IV Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Proteccion Civil entraba na súa recta final a primeira hora da tarde deste 23 de novembro acto de entrega de recoñecementos a unha vintena de voluntarios da provincia.

Así, recibían medallas da ANAVPC seis voluntarios de Protección Civil da Rúa polos seus 25 anos de servizo: David López Nogueira, Manuel Rodríguez Ortega, Mercedes Álvarez Pérez, José Bernardo Losada Vázquez, Amadeo Dos Santos Ferreira e Breogán López Baptista. Tamén eran galardoados Elías Álvarez Arias da AVPC da Pobra Trives (polos seus 25 anos), Manuel Carballo Jares de Protección Civil de Viana do Bolo (polos seus 20 anos), Arturo Salvador Fernández de Protección Civil do Barco (polos seus cinco anos), Juan Carlos García de Protección Civil de Xunqueira de Ambía (20 anos), José Antonio Rodríguez Pereira de Protección Civil de Coles (20 anos), Antonia Blanco Mangana de Protección Civil de Vilar de Barrio (15 anos).

Ademais recibían a distinción tres membros de Protección Civil de Salceda de Caselas (Pontevedra). Cada un destes voluntarios recibía tamén un agasallo do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense como recoñecemento á estreita colaboración que se vén mantendo entre Protección Civil e a Garda Civil na provincia de Ourense.

 

 

Tamén recibían recoñecementos polo seu apoio na organización desta xornada de convivencia o Concello de Allariz, o xefe provincial de Tráfico de Ourense, David Llorente; a UME, a Garda Civil de Allariz e ao Subsector de Tráfico da Garda Civil de Tráfico de Ourense. Outra distinción era para Pedro Luís, que se vén de xubilar e que traballou como funcionario na Dirección Xeral de Emerxencia durante 26 anos.

Esta xornada estivo adicada a Juan Míguez, que leva 37 anos en Protección Civil e que é o responsable da agrupación de Protección Civil do Carballiño. Foi ademais un dos fundadores da asociación provincial, que tamén presidiu. Este acto de entrega de recoñecementos contou coa presenza de diversas autoridades.

Dende a asociación provincial de agrupacións de Protección Civil, que preside Clemente Pérez, agradeceuse a colaboración da Dirección Xeral de Emerxencias, da Deputación de ourense, do Servizo Provincial de Emerxencias, así como ao do Concello de Allariz e a de todos os organismos e administracións que fixeron posible esta xornada e apoiaron á organización. Tamén se fai un agradecemento especial aos voluntarios “que se achegaron para facer que cada ano sexa máis a participación neste evento”.

Esta xornada tamen servíu para facer unha recollida de alimentos para o Banco de Alimentos de Ourense.

Fotos cedidas.

Máis información e fotos:
https://osil.info/iv-xornada-de-convivencia-das-agrupacions-de-voluntarios-de-proteccion-civil-en-allariz/

Artigos relacionados

Back to top button