EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Volve a Convivencia nas Adegas de Oval (Rubiá), o 19 de agosto a partir das oito da tarde

Convivencia nas Adegas de Oval no ano 2019, antes da pandemia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Pouco a pouco vanse recuperando as rutas por covas e adegas na comarca de Valdeorras. Primeiro foi a de Vilamartín que regresaba xa o ano pasado, despois foron as de Seadur (Larouco) e Arcos (Vilamartín), ámbalas dús neste ano, e agora faráo a de Oval (Rubiá).

Logo da última celebraba no ano 2019, antes da pandemia, a Asociación das Adegas de Oval recupera neste mes de agosto a súa convivencia que celebrará a XII edición o sábado 19 de agosto.

Tal como adiantan dende a organización, será unha docena de adegas as que abran as portas a partir das 20 horas repartindo entre os asistentes unha gran variaedade de pinchos á parte do viño. “Nos poremos empanada, chourizo, queixo, salchichón, xamón serrano e orella e despois cada adega terá o seu propio pincho sorpresa (tortilla, ovos cocidos,..)”, din dende a organización.

O prezo das entradas é de 15 euros e venderanse nos postos que colocarán en cada unha das tres entrada ao pobo o mesmo día da ruta. No momento de comezar o percorrido tocará a charanga “Amanecer Os Charangaiteiros” e xa a partir das 23 horas a nimación musical correrá a cargo de A Boa Festa.

Artigos relacionados

Back to top button