OurenseÚltima hora

Volve a Festa do Boi de Allariz, do 11 ao 19 de xuño

 

Conta atrás para a Festa do Boi 2022, que terá lugar do 11 ao 19 de xuño en Allariz. Integrantes da Asociación Cultural Xan de Arzúa, encargados da organización da Festa, acompañados pola alcaldesa, Cristina Cid, o tenente de alcalde, Bernardo Varela e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde, presentaron, esta mañá, as datas e a imaxe da festa. Tamén os acompañou o ilustrador Miguel Robledo, quen deseñou a imaxe para este 2022.

Juan Antonio Seara, membro da asociación cultural, e encargado da parte histórica, explicaba na mañá de hoxe que parte da programación está aínda sen pechar pero que contan que a finais de mes se poida dar a coñecer as actividades totais que encheran as rúas de Allariz. Durante 9 días desenvolveranse actividades musicais, teatrais, encontros populares así como saídas do boi que farán que a veciñanza de Allariz, e as persoas que se acheguen a mesma, podan gozar de novo da Festa do Boi.

A Asociación Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a procesión medieval na que participan máis de vinte gremios. Arredor de 500 persoas participaron na teatralización na última edición, e agardan que este ano se iguale a participación dos gremio ataviados cos seus respectivos traxes e representen, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi.

 

 

 

Actividades infantís e musicais

Os nenos terán o seu espazo na festa coa programación de actividades como as carreiras de boi infantís, o espectáculo de monicreques creado polos centros de ensino de Allariz, o Pistaboi, a merenda infantil e algunha que outra novidade. Ademais coa colaboración da concellería de cultura realizaranse obradoiros co CEIP Padre Feijóo de Allariz.

A música, como é habitual, terá unha importante presenza neste evento. A asociación está a traballar para pechar todo o apartado de música que intentará contar con grupos de gaiteiros, charangas, e grupos musicais entre outros.

A Festa do Boi conta cun orzamento, sufragado pola achega voluntaria da veciñanza, comerciantes e hostaleiros de Allariz aos que porta por porta se lles pide contribución todos os anos. O carácter popular da mesma fai que a Festa do Boi sexa do pobo para o pobo.
Así mesmo Miguel Robledo explicábanos o que pretende expresa co cartel que deseñou ese concepto da Festa do Boi de mitoloxía.

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, explicaba durante a presentación a importancia que a Festa do Boi ten para Allariz como axente de cohesión entre xeracións. Actividades como a representación histórica, a cea popular e que a organización da propia Festa, que a realizan persoas voluntarias, contando por suposto co apoio do Concello, asegura o éxito do evento.
Como resaltaba a alcadesa, esta festa é organizada por veciños e para goce de todos, como parte “da nosa historia e da nosa tradición”.

Artigos relacionados

Back to top button