En portadaÚltima hora

Volven subir os casos activos de Covid na provincia, que suma 2.989

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 178 ingresos en planta (6 deles no Hospital de Valdeorras) e 12 na UCI, segundo Sanidade

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras unha xornada de leve baixada, volven subir os casos do coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.989 pacientes con infección activa, 21 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 28 de xaneiro. Tamén aumentan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 160 (fronte aos 137 de onte).

En canto aos ingresos, rexístranse con 178 persoas hospitalizados en planta (1 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos de onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa con 6 ingresos en planta, o Hospital de Verín baixa a 15 ingresos en planta (2 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 154 en planta (4 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos que onte). A Clínica Santa Teresa ten 2 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen 1 en planta (1 menos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 12.877, con 9.540 curados e 347 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 173.062 probas PCR e 82.186 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button