
Tamén as cabeza de lista do PP ao Congreso e Senado por Ourense, Ana Belén Vázquez e Carmen Leyte, acudían esta mañá a depositar os seus sufraxios para estas eleccións xerais. A primeira en facelo era Carmen Leyte, candidata ao Senado, que votaba na mesa electoral situada no CEIP San Marcos de Cartelle.

Xa as once era Ana Belén Vázquez, número 1 ao Congreso do PP, pola provincia, quen votaba en Bande, facía un “chamamento ao voto masivo dende Ourense e dende Galicia ás urnas, para que a xente vaia votar. É o día máis importante da democracia, necesitamos que hoxe saia un goberno claro das urnas, un goberno co respaldo máis forte posible das urnas”.
Ademais desexaba “unha xornada tranquila aos ourensáns e aos galegos” e agradecía o labor que están a desenvolver as forzas e corpos de Seguridade do Estado, “á xente que está nas mesas electorais e ao persoal da administración que está a traballar. Non eran unhas datas fáciles pero conseguiuse arrancar con total normalidade en todas s mesas electorais”.