EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

X Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

 

No marco das X Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe o valor engadido que achega o viño para dinamizar a oferta turística desa zona durante todo o ano.

No transcurso dunha visita á adega Abadía da Cova (O Saviñao), Arias apuntou que “a viticultura e o viño son inseparabales doutros sinais de identidade desta zona como a paisaxe e o patrimonio, polo que é un acerto aproveitar en conxunto esas fortalezas para seguir consolidando este territorio como un destino único que ofrece infinitas posibilidades”.

Arias puxo en valor o apoio da Xunta con iniciativas como as xornadas de portas abertas que chegan este outono á súa décima edición ou os traballos de sinalización da Ruta dos Viños desta denominación de orixe, que están actualmente en execución cun investimento próximo aos 140.000 euros.

Tamén destacou que iniciativas de promoción como a que se desenvolve esta fin de semana na Ribeira Sacra supoñen a posta en valor dun recurso cuxa demanda está en auxe e que pode complementarse con outras propostas para atraer a máis públicos, como os Outonos Gastronómicos, que promove a Xunta ata finais de ano para estimular a demanda de aloxamento e restauración nas casas rurais.

Artigos relacionados

Back to top button