Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Xa está aberto o prazo para incribirse na VIII Andaina do Chourizo organizada polo Club Montaña Trives

A proba, que rematará cunha gran chourizada, celebrarase o 4 de febreiro a partir das 10 da mañá

Saída da andaina na anterior edición./ Foto: Teo Suárez.

 

Pouco máis dun mes despois da San Silvestre, os afeccionados ao monte e ás andainas terán unha nova cita organizada polo Club Montaña Trives. Trátase da VIII Andaina do Chourizo, unha particular camiñada no marco da Festa do Chourizo de Vilanova, unha proba lúdico-deportiva prevista para o sábado 4 de febreiro ás 10 horas dende a praza do Pilón, na Pobra de Trives.

Dende aí os participantes iniciarán un traxecto que cubrirá unha distancia duns 8,6 km (cunha duración aproximada de 2 horas) pasando por Santa María de Trives, Sas, Pena Folenche, San Mamede e Vilanova, onde haberá unha gran chourizada.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición a través do correo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O prezo será de 5 euros para os socios do club e de 8 euros para os que non o sexan.

Esta será a primeira actividade do club trala renovación da directiva que preside Luis Araujo Rodríguez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button