DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Xa está en marcha o campus de voleibol en Quiroga

Unhas 25 cativas asisten ao campamento que se deselvolverá ata o 19 de xullo no pavillón de deportes

A aposta do Concello de Quiroga polo voleibol queda tamén patente neste mes de xullo. Despois das diferentes concentracións das seleccións galegas cadete e infantil e das competicións, onte, luns 15 de xullo, arrancaba o campus de verán ao que asisten unhas 25 cativas de Quiroga e da contorna.

O campamento deportivo desenvolverase ata o día 19 deste mes no pavillón de deportes da localidade lucense, e será impartido por dúas ex xogadoras do CV Ribera Sacra: a internacional quiroguesa Carolina Camino, que vén de participar no Torneo WEVZA que se celebrou en Wiesbaden (Alemaña) e que para a vindeira tempada repetirá coa Selección Permanente de voleibol en Soria; e a tamén internacinal Antía Rodríguez, que tamén foi membro da Permanente. Antía xogou este ano no Cajasol de Sevilla en súper liga 1 e para a vindeira tempada faráo na liga universitaria de EE.UU.

O campus contará tamén co concelleiro de Deportes de Quiroga, Andrés Novoa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button