DeportesÚltima hora

Xa está na rúa o número de outubro de O Sil Deportivo

Os infantís do Muebles Victoria Barco lideran a primeira división galega de baloncesto
Portada de O Sil Deportivo do mes de outubro.
Portada de O Sil Deportivo do mes de outubro.

Recuperar o posto na primeira división que perderan ao final da pasada tempada, era o obxectivo co que o equipo infantil masculino do M.V. Barco comezaba a actual campaña. “Teñen unha oportunidade se lle gañan a Porto do Son nunha competición previa”, aseguraba o responsable do club, José Luis Gómez a finais de agosto. Unha oportunidade que aproveitaron, e trala disputa da eliminatoria a dous partidos (ida e volta), os infantís barquenses conseguían o ascenso á 1ª división na que competirán de novo este ano. O equipo que adestra Patricia Gómez era así o primeiro en comezar a liga sumando xa dúas vitorias: 30-61 na cancha do CB Allariz e 70-44 en Calabagueiros contra Sigaltec. Uns resultados que o sitúan no alto da clasificación. O seguinte partido será o 9 de outubro na cancha do Seis do Nadal “A”.

Esta e  outras informacións deportivas sobre rugbi, fútbol, tiro con arco, atletismo, ciclismo, piragüismo e mesmo caza, poderan consultarse no número de outubro de O Sil Deportivo, á venda en quioscos e librerías.

 

Artigos relacionados

Back to top button