En portadaÚltima hora

Xa está na rúa o póster do C.D. Barco que edita o Periódico O Sil

O Centro de Deportes Barco está a piques de rematar unha intensa tempada con catro equipos en competición (máis os duascentos cativos das escolas deportivas): o equipo sénior asentado na terceira división, o equipo xuvenil na liga galega e os cadetes e infantís na primeira autonómica.

No número 233 de O Sil Deportivo, que vén saír á rúa, incluímos (entre outros moitos artigos) información sobre a recta final do club barquense e tamén un póster a toda cor cos catro planteis. Quen desexe facerse con el, como recordo da campaña, pode atopalo en quioscos e librarías dentro do número de maio do Periódico O Sil.

Non quedes sen el.

 

Artigos relacionados

Back to top button