
Na fin de semana do 3 e 4 de xuño celebrarase a Feira de 1812 en Petín e un día antes, para quentar motores, terá lugar a III Cea Popular organizada tamén pola Asociación Fonte Grande. Será o venres dia 2 de xuño a partir das 22 horas, de novo ao aire libre (se o tempo o permite), na rúa que vai á igrexa en plena zona vella, cun menú a base de entremeses, empanada, paella, postre e bica.
Ás entradas custan 20 euros e dende hoxe están á venda no Concello de Petín en horario de 9 a 14 horas.