OurenseÚltima hora

Xa están á venda as entradas para a VIII Gala contra o Cancro de Ourense

Logo de tres anos de parón a cita será o venres 15 de decembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal

 

Logo de tres anos sen celebrarse, a Gala contra o Cancro de Ourense volve este ano coa oitava edición. Tras sete anos enchendo o auditorio municipal, esta cita solidaria reuniu a referentes do mundo da música, a danza, o humor e a interpretación. Artistas como Rubén Riós (presentador e director artístico das anteriores edicións), Susana Seivane, Lucía Pérez, Emilio Rúa, Daniel Minimalia, Luís Emilio Batallán, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Xosé Manuel Budiño, Lys Pardo, Monoulious DOP, Xabier Vizcaíno, Xestreu, Andrea Pousa, Davide Salvado e O Sonoro Maxín entre moitos outros

Este ano, a celebración terá lugar o venres 15 de decembro no Auditorio Municipal da cidade e as entradas xa están á venda na Asociación Española contra o cancro de Ourense (Rúa Doutor Marañón, 21, baixo, Ourense) cun custe de 8 € anticipada e de 10 € na billeteira.

Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Cultural As Canellas e coa produción de Abella Creativa a favor da Asociación Española contra o Cancro.

Artigos relacionados

Back to top button