
A Festa da Empanada de Costrelas da Rúa continúa con paso firme a súa traxectoria dentro do calendario gastronómico-festivo da comarca de Valdeorras e este ano celebrarase o sábado 28 de decembro a partires das dúas da tarde.
A esa hora, a carpa climatizada ubicada no campo de San Roque, abrirá as portas para acoller aos comensais que poderán degustar un exquisito menú a base de sopas de allo ben quentiñas, empanada de costelas adobadas e torta de roxóns, á parte de viño, café e licores.
Para poder acceder ao recinto, degustar o menú e tamén botar un baile, deberán mercarse as entradas que custarán 16 euros e estarán á venda en: Panadería Lorenzo, Bar San Roque; O Colmado; Peluquería Esencia; O Café; A Cervecería (próximamente); O 4 Bar; e Clínica Fisioval. Pódense reservar plazas chamando ao número 657 055 684 e indicando a cantidade de sitios reservados.
A festa está organizada pola Asociación Cultural Sabugueiro en colaboración co Concello da Rúa, a Deputacion de Ourense, Mantesil e Panadería Lorenzo. A fin de festa correrá de novo por conta da discoteca móbil Danzalia con baile “ata que o corpo aguante”.