Numerosas persoas acudían xa a partir das 10:30h. deste venres a recoller os seus cornetos de castañas á praza do Concello barquense no marco da segunda edición da campaña Magosto Obarcoaberto. “Unha acción de dinamización que busca poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva”, tal e como se destaca dende esta entidade que preside Jacobo Arias.
Todo indica que a campaña está tendo unha gran acollida, tal e como xa acontecía o pasado ano. A iniciativa consiste na instalación dunha locomotora de castañas asadas na Praza do Concello do Barco onde os clientes poderán intercambiar tickets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase durante os seguintes días e horas:
Venres 21 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas e de 18:30 horas a 20:30 horas
Sábado 22 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas.
Os clientes só entregarán tíckets actuais, é dicir, de compras realizadas durante a celebración da campaña; e poderán presentar como máximo dous tickets ao día.
As castañas para a celebración desta campaña foron doadas pola empresa valdeorresa Castañas Moral, a quen se agradece a súa colaboración publicamente de O Barco CCA.
Fotos: A.R.



