Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Xantar baixa o pano da edición máis internacional

No seu 20 aniversario superou as cifras de participación de expositores, actividades e visitas

Despois de cinco días, 283 expositores, 12 países representados e máis de 24.000 visitas, a 20 edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico pecha hoxe as portas en Expourense.

E faio despois de desenvolver un programa de actividades con máis de 200 experiencias gastronómicas cun seguemento do 100% estando ao completo en cada actividade as tres aulas gastronómicas así como a de cata. Segundo os datos da organización, cun promedio de catro actividades por hora de duración do salón, estas experiencias foron seguidas por máis de 7.000 participantes, a maioría profesionais do sector. Entre as actividades destacan as exhibicións de cociña en directo de recoñecidos chefs de Galicia, Portugal, Panamá, Costa Rica, México, Perú, Brasil e Colombia; así como as máis de 25 catas comentadas de produtos como viño, licores, queixo, mel, ron ou café; e as máis de 50 degustacións ofrecidas polos expositores como as de rosca con queiso e viño de Amandi de Sober, a do Botelo do Barco de Valdeorras ou o xamón da Cañiza, por citar algunhas das organizadas para o día da clausura, adicado ao Medio Rural.

O acto oficial estivo presidido polo conselleiro José González, quen destacou o “papel de Xantar como dinamizador económico e impulsor dos sectores agroalimentario e turístico que constitúe una oportunidade magnífica para dar a coñecer o mellor da nosa terra”. O conselleiro foi o encargado de pechar o turno de intervencións que abría o alcalde de Sober, Luis F. Guitián , seguido do de Maceda Rubén Quintás, do de Arnoia Rogelio Martínez, da concelleira de Turismo do Barco de Valdeorras Irene Dacal, do representante do pais brasileño convidado nesta edición, e o alcalde de Ourense Jesús Vázquez.

 

A alcaldesa de Castro Caldelas Sara Inés Vega e a representante do Patronato de Turismo de Zamora Mª Jesús Cabezas, no stand da Pobra de Trives.

 

Esta última xornada de Xantar tamén foi o día dedicado aos concellos de Arnoia, Sober, O Barco de Valdeorras e Maceda. Todos os representantes municipais presentes coincidiron en reivindicar o lugar que lle corresponde ao turismo rural e de interior en Galicia.

A clausura desta 20 edición incluíu ademais unha sentida e emotiva homenaxe póstuma ao empresario José Manuel Pérez Canal, que sempre apoiao a Xantar “tanto desde o seu papel como coxerente de Aceites Abril, empresa patrocinadora do salón; como no seu papel como presidente da CEO e membro do Patronato de Expourense”. Estiveron presentes a nai, a viúva e os fillos do falecido.

Tralo acto institucional, as autoridades percorreron o salón degustando entre outros, os produtos de Sober e do Barco de Valdeorras. Ao longo destes cinco días estiveron presentes temén outros concellos da provincia de Ourense, entre eles os da Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Castro Caldelas e A Pobra de Trives quen ademais dos seus produtos (bica, embutidos, viño e mel) amosou o traballo do Periódico O Sil (edición mensual e revista Entroido en Galicia).

 

Exemplares do Periódico O Sil e da revista Entroido en Galicia de O Sil no stand de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button