EconomíaEconomíaSen categorizarÚltima hora

Xantar promove paquetes con experiencias gastronómicas para atraer visitantes ao salón

Os paquetes inclúen visitas guiadas pola cidade, viaxes no Avant, noites de hotel e a comida nun dos restaurantes do salón
Á reunión acudiron expertos en diferentes áreas de turismo e gastronomía. 

O salón de turismo gastronómico Xantar está ultimando os derradeiros detalles para celebrar a súa 18 edición, do 1 ao 5 de febreiro, en Expourense. Onte reuniuse o comité asesor desta cita para perfilar as distintas accións profesionais que se levarán acabo neste único salón de turismo gastronómico de España. Un dos principais puntos do día foi a presentación dos detalles da próxima acción promocional do salón que será en FITUR o próximo mércores 18 de xaneiro no stand de Galicia.

Nesta xuntanza, á que acudiron distintos expertos vencellados á gastronomía e o turismo, presentáronse, tamén, os distintos paquetes turísticos promocionais como o paquete “Siente Galicia”, que permite apallasar unha experiencia gastronómica na provincia. Estes paquetes turísticos que promoverán serven, dixeron dende o comité, “para fomentar o turismo interno de proximidade estimulando ao público final a visitar Ourense e reforzar un dos obxectivos principais desta cita, a promoción do turismo a través da gastronomía”.

“Siente Galicia” inclúe aloxamento en réxime AD en hotel de 4 estrelas, a entrada ao salón, o xantar ou a cea nun dos restaurantes e a participación das actividades. A reserva pode facerse a través da web oficial www.sientegalicia.com.

Por outra banda, a segunda experiencia gastronómica que oferta Xantar está orientada aos visitantes que poden achegarse a Ourense en liña de Alta Velocidade, AVANT. Este paquete está dispoñible para o sábado 4 de febreiro e inclúe a viaxe de ida e volta en tren, os traslado, visita guiada á cidade (áreas termais e casco histórico) e a comida nun dos restaurantes do salón. O custo deste paquete é de 50 euros dende e 60 dende A Coruña. Tamén hai un paquete de tren dende Vigo, coas mesmas condicións e cun custo de 46 euros. Por outra banda, todos os visitantes que acudan en tren ao salón dende calquera parte de España terán un 35% de desconto no billete.

Ademais, nesta reunión tratouse o borrador do programa do XII Encontro Internacional de Gastronomía Sostible e Saudable que incluirá “showcookings”, “masterclass”, catas e degustación de produtos de calidade recoñecidos con selos como a Denominación de Orixe ou a Indicación Xeográfica Protexida.

Artigos relacionados

Back to top button