EconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Xantar, un paseo pola gastronomía e o turismo

O certame abre as súas portas en Expourense con 32 menús, entre cuxos produtos figura o botelo valdeorrés

A gastronomía como impulsora da economía, como creadora da imaxe de marca da calidade galega no exterior e como nexo cultural entre pobos en Xantar. Este certame, que ten como escenario Expourense, abría o 5 de febreiro a súa 15ª edición, pero tamén a primeira que celebra co marchamo de internacional, avalada polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presidía o 5 de xaneiro a inauguración do salón, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, o alcalde de Ourense, e polo cónsul de Cuba en Galicia (xa que este é o país convidado nesta edición) entre outras autoridades. Na súa intervención, Rueda destacou a aposta deste salón “por internacionalizar a gastronomía galega potenciando o turismo e como vía de crecemento para a economía do país”.

Ao longo de cinco xornadas, Xantar promocionará a gastronomía de calidade galega, española e doutros países como Cuba e Portugal. Nestes dáis (ata o 9 de xaneiro) os visitantes ó salón poderán desfrutar dos produtos e servizos dos 179 expositores, elixir entre 32 menús (entre eles o do restaurante do Barco, cun protagonismo especial do botelo) entre 12 e 30 euros e participar nas máis de 120 actividades organizadas.

Texto: A.R./Ourense Fotos: Carlos G. Hervella a excepción da do stand do Concello de Sober,facilitada polo propio Concello.
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button