ConcellosEn portadaQuirogaÚltima hora

XI Quiroga de tapas, un percorrido gastronómico pola vila nesta Semana Santa

 

Ata o vindeiro 7 de abril pode desfrutarse da XI edición do concurso Quiroga de Tapas, que desprega unha variada e saborosa oferta de propostas en media ducia de establecementos quirogueses. Desta volta as tapas e establecementos participantes na ruta son os seguintes:

Adega da María, “Follas de outono”
Chapakuña 3, “Arepa galega”
Ruxe-Ruxe, “Feitizo de polbo con ouro líquido de Quiroga”
Ferreiriño, “Empanadilla da nosa terra”
A Botica, “Xuntanza”
O Portón, “ O capricho do Portón”

 

 

 

Esta ruta gastronómica constitúe unha antesala da Feira do Viño de Quiroga, que se celebrará os días 8 e 9 de abril.

Como explicaba o Concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, organizador do concurso, o funcionamento é o mesmo que en anos anteriores. A tapa que cada establecemento presenta a concurso, ao prezo de 1´50 € deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30. Os propios consumidores serán quen decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa concursante.

Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas poderá votar a súa favorita utilizando o mesmo tapacartón poñendo o nome da que elixe como gañadora e os datos da persoa participante e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso. Os concursantes terán de prazo ata o último día do concurso, o día 7, ás 23:00 h para depositar os cartóns con todos os selos en calquera das urnas situadas en cada establecemento participante.

Estes tapacartóns, ademais de elixir a tapa gañadora, entrarán no sorteo dos premios aos participantes. O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100 € en metálico. Os premios para os participantes son, como anunciaba o organizador do concurso, o concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, un primeiro premio de 200 € e un seguindo de 100€. Pero haberá tamén un paseo a cabalo para dúas persoas en Hípica Os Trancos (Monforte de Lemos), unha ruta en segway ao Mirador Pena do Castelo e degustación dun viño no Mirador; degustación dun viño para dúas persoas na adega Val do Frade en Vilachá; cea para dous en Chapakuña 3; cea de carne á pedra para dúas persoas na Cervecería Chamouco, en Bóveda; cea para dous na Botica ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Deiki, EDV 2015 e Lar de Ricobao.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button