Esta tarde celebrábase no Hospital Público de Verín unha xincana de Nadal aberta á participación de fillos e fillas (ata 12 anos de idade) de traballadores deste centro sanitario, así como dos PACs e Centros de Saúde da comarca.
A actividade, con moita participación, incluía xogos, contacontos, visita de Papá Noel e unha chocolatada.
Fotos cedidas.