CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Xinzo tínguese de branco no Domingo Fareleiro

Comeza así o Entroido na vila do Limia, Festa de Interese Turístico Internacional, que rematará o 9 de marzo

Coma sempre ao ritmo das charangas, o Petardazo abría na medianoite do 9 de febreiro o programa do Entroido 2019 en Xinzo de Limia. O ciclo máis longo desta festa que non rematará ata o domingo 9 de marzo coa Piñata. E entre medias, catro domingos que nesta localidade ourensá cobran un significado especial, sobre todo este ano no que era declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

O primeiro, o Fareleiro, tiña lugar na tarde de hoxe, 10 de febreiro, no entorno da praza Maior. En torno ás cinco da tarde chegaba o carro repartido os farelos e a fariña e a partires dese momento a vila enteira converteríase nunha auténtica batalla campal co branco como protagonista. Centos de nenos, xoves e maiores, desfrutaron dunha tarde de festa onde ninguén podía nin debía quedar inmaculado. Sempre hai quen o intenta pero é un combate perdido de antemán. O Domingo Fareleiro mandan os farelos e a fariña.

 

Unha moza coa cara enfarelada.

 

A seguinte cita do Entroido en Xinzo será o Colgamento do Meco o sábado 16 de febreiro “entre lusco e fusco”. Ao día seguinte, Domingo Oleiro tocaralle o turno ao xogo das olas.

Máis información na Revista do Entroido en Galicia 2019 do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button