CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

XIV Noite no Cortello do Lubián

Unha celebración enmarcada nunha antiga trampa para lobos con cea popular e música

A localidade zamorana de Lubián, lindando coa provincia de Ourense, celebraba o 22 de agosto a súa XIV Noite no Cortello. Nela rememórase a loita entre o home e o lobo nunha festa na que ten como escenario unha antiga trampa para capturar a este animal mítico. E así o lembraba o alcalde de Lubián, Felipe Lubián, no inicio dos actos.

Nesta edición a celebración estivo animada pola música do grupo tradicional valdeorrés Tornaxeira e tiña lugar unha cea na que se serviron uns 100 quilos de cordeiro, acompañado de pan e bebidas. Despois, soaba de novo a música de Tornaxeira que arrincaba bailes de cando en cando entre ás preto de 200 persoas que asistían á celebración.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button