DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

Xocas Miranda deixa o posto de adestrador do Pizarras Los 3 Cuñados F.S.

Felipe Álvarez toma as rendas do primeiro equipo ata final de tempada

Xocas Miranda nun partido do Tres Cuñados en Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Xocas Miranda xa non dirixe ao primeiro equipo do Pizarras Los Tres Cuñados F.S. A marcha deportiva do equipo (unicamente conseguían 5 puntos na primeira volta) unido a temas laborais, provocaba que o adestrador do club valdeorrés, decidira “dar un paso ao lado e deixar o equipo polo ben do club”, aseguran dende o Tres Cuñados, adiantando que dende hai unha semana é o director deportivo, Felipe Álvarez, quen toma as rendas do primeiro equipo ata final de tempada.

Xocas levaba 26 anos como adestrador, os seis últimos no Tres Cuñados (dos cales un non competiron polo Covid) e agora “había que facer algo para cambiar a dinámica”, recoñece. Pola súa banda, dende o club aseguran que “non debeu ser unha decisión fácil de tomar, coñecendo o seu nivel de compromiso, e non nos queda máis que agradecerlle o seu esforzo e dedicación que sabemos que foi moita. Sabemos que estivo, está e sempre estará aí para o que sexa necesario polo ben da nosa entidade”.

 

Felipe Álvarez dirixirá o equipo.

Artigos relacionados

Back to top button