OurenseÚltima hora

Duncan Dhu e Auryn, algúns dos protagonistas nas Festas de Ourense

O Concello destina unha partida de 325.000 euros a esta programación
Duncan Dhu será un dos protagonistas nas Festas de Ourense 2016.
Duncan Dhu será un dos atractivos nas Festas de Ourense 2016.

A uns días de comezar a conta atrás para unha nova edición das Festas de Ourense, o Concello desvela algúns dos protagonistas da programación musical, que se iniciará o sábado 25 e se prolongará até o 3 de xullo. Foi o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, o encargado de anunciar os primeiros confirmados: Xoel López e a súa banda, Delafé, Coque Malla, Ariel Roth, Sés, Duncan Dhu, Auryn e The Furious Monkey House.

Vázquez asegurou que esta selección responde a “unha oferta variada, pensada para todos os públicos e con nomes de primeira fila do panorama musical, mesturados co mellor talento musical da cidade”. O rexedor recordou que para estas festas contan cunha partida de 325.000 euros, “montadas cun orzamento moi inferior ao do resto de capitais de provincia”.

O cartel musical tamén contará con rostros de músicos locais como Gonzalo Arca, The Tetas’ Van, Priscila, María do Ceo ou Manuel Carballo. Pero Vázquez avanza que haberá máis novidades. “A idea é que a música estea na rúa e queremos ir enchendo todas as praciñas da cidade”, dixo.

Os concertos de balde celebraranse a partir das 22:30 horas na Praza Maior da cidade, a exepción do de The Furios Monkey. E o Xardín do Posío, pola súa banda, acollerá os concertos de pago (5 euros por adiantado e 7 na billeteira) a partir das 23:00 horas.

En canto ao cartel, o concello celebrará un concurso aberto para elixir ao mellor, que terá votación popular. Así, un xurado encargarase de escoller cinco semifinalistas que serán expostos para que a cidade poida valoralos. A partir de aí iníciase unha consulta online a través da web da Concellería de Cultura para seleccionar ao gañador das Festas de Ourense 2016.

O calendario dos concertos presentados queda así:

  • Sábado 25 – Xoel López e banda presentando ‘Paramales’. Praza Maior, de balde. 22:30h.
  • Domingo 26 – Roi Casal. ‘Son galego, son cubano’. Praza Maior, de balde. 22:30h.
  • Luns 27 – María do Ceo. Praza Maior, de balde. 22:30h.
  • Mércores 29 – Manuel Carballo e Ariel Rot. Praza Maior, de balde. 22:30h.
  • Xoves 30 – The Tetas’Van e Sés. Praza Maior, de balde. 22:30h.
  • Xoves 30 – Duncan Dhu. Xardín do Posío. 23:00h. Entradas xa á venda.
  • Venres 1 – Gonzalo Arca e Delafé. Praza Maior, de balde. 22:30h.
  • Venres 1 – Auryn. Xardín do Posío. 23:00h. Entradas xa á venda.
  • Sábado 2 – Priscila e Coque Malla. Praza Maior, de balde. 22:30h.
  • Sábado 2 – XVIII Ourense Dance. Xardín do Posío. 23:00h. Entrada: un quilo de legumes. Organiza Cadena 100 en colaboración coa Asociación Xuvenil Amencer.
  • Domingo 3 – The Furious Monkey House. Praza Maior, de balde. 22:30h.

Artigos relacionados

Back to top button