En portadaGalerías de fotosÚltima hora

As xogadoras do valdeorrés Mondelo pulverizan á selección chinesa de baloncesto

España impoñíase con forza no seu terceiro partido en Río nunha intensa segunda parte que remataba cun marcador de 89-68

O baloncesto feminino español segue avanzando nos Xogos Olímpicos. As xogadoras que dirixe Lucas Mondelo, de orixe valdeorresa, sumaban na tarde do 10 de agosto a súa segunda vitoria en Río. E facíano nun emocionante partido que se volvía especialmente trepidante e intenso a medida que se ían esgotando os minutos finais.

Comezaba a segunda parte cunha lixeira vantaxe de tres puntos para o conxunto español (38-41). A partir de aí as xogadoras de Mondelo lograban, lenta pero firmemente, afastarse das chinesas primeiro cunha distancia de 9 puntos (68-77) que as asiáticas trataban de acurtar por momentos. Nos minutos finais a diferenza das españolas facíase xa insalvable para as chinesas, chegando aos 13 puntos (7-689). Pero xa non había marcha atrás, España tiña ganado o partido se ben quería seguir sumando e así o facía xa que concluían o tempo de xogo cun marcador de 89 a 68, co que pulverizaban ás chinesas.

No encontro destacaba o xogo español con referentes indiscutibles como a de Alba Torréns, que acadaba a súa mellor marca coa selección: 32 puntos. Tamén sobresaían Ndour e Nicholls. Esta vitoria permítelle á selección española dar un importante paso cara os cruces de cuartos de final e chegar asemade cun destacado +21, de gran relevancia en caso de empates múltiples. O venres xogarán o seu vindeiro partido, desta volta contra Senegal.

Artigos relacionados

Back to top button