
A Biblioteca de Sober acollerá o vindeiro sábado 17 de febreiro ás 11:15h. unha xornada dedicada ao “Aproveitamento e conservación do castiñeiro. A fórmula cooperativa”. Ademais de incluír unha charla informativa, a iniciativa contará cunha parte práctica no souto da Somoza.
Esta acción formativa será organizada pola Asociación O Colado do Vento de Sober en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia e con Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, de Manzaneda.
