CulturaCulturaÚltima hora

Xornada cultural de veciños de Castro Caldelas en Compostela para rematar o Ano Santo

 

Un grupo de 56 veciños e a Asociación de Xubilados veñen de participar nunha xornada cultural antes de finalizar o Ano Xacobeo. Realizaban unha viaxe a Santiago no decurso da cal tiñan, como primeira parada, o Museo do Pobo Galego no antigo Convento de Santo Domingo de Bonaval.

Tamén visitaban a Catedral de Santiago, co “privilexio de contar cunha visita guiada polo deán da Catedral José Fernández Lago, que nos acchegou á historia a través das capelas, da Porta Santa ou Girola, para ver a evolución deste Monumento, e que culminou coa Misa do Peregrino”, tal e como resalta a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

 

“E, por suposto”, engade, “a bica manteigada de Castro Caldelas estivo presente como ofrenda na Catedral e para deixar o pracer agarimoso na lembranza”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button