ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de Educación Vial para Axentes Sociais en Ourense

O edificio administrativo da Xunta en Ourense está a acoller ao longo da mañá do 16 de novembro a “Xornada de Educación Vial para Axentes Sociais”, cuxo acto inaugural contaba coa presenza do director xeral de Emerxencia e Interior, Luis Menor.

A primeira das cuestións abordadas, a partires das 9:15h., era a “educación vial para unha mobilidade segura: Camiños escolares seguros. Recursos didácticos, a cargo dunha pedagoga Dirección Xeral de Tráfico (DXT), Raquel E. Navas. En torno ás once tocábase o tema das “distraccións e a empatía vial”, da man do psicólogo José Ignacio Bernárdez. Xa a partires das doce do mediodía afondarase no relativo á mobilidade e velocidade.

Entre os asistentes á xornada están representantes das forzas e corpos de seguridade, así como membros de agrupacións de Protección Civil da provincia (como é o caso da de Manzaneda), entre outras entidades e profesionais relacionados coa seguridade e as emerxencias.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button