Na mañá deste luns 20 de maio arrincaba a Semana Cultural do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa e unha das actividades, para alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato, era de formación viaria.
Así, un grupo de alumnos chegados a pé dende o centro educativo, asistían no Centro Amicar Formación (antigo coleio de monxas), a unha xornada con actividades dirixidas á educación viaria para os xoves usuarios da vía pública e futuros condutores, organizada por Amicar Formación e Autoescola en colaboración coa Fundación Avatá.
Da man do xerente de Amicar, Ramón Cao Arias, a charla estivo enfocada cada os riscos específicos do perfil de condutores de entre 16 e 25 anos onde as drogas, o alcohol e a somnolencia son as principais causas de risco. Unha xornada amena, para desfrutar aprendendo e concienciar aos xoves de que cumprir as normas “non ten porque ser aburrido e que a seguridade non impide a diversión”.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.