No CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa comezaron o ano celebrando o Día da Muller na Ciencia con varias actividades como un programa de radio; unha exposición realizada polo alumnado coa biografía e achádegos de varias mulleres científicas que teñen deixado a súa pegada na historia; ou unha publicación dixital con estes traballos de investigación do alumnado.
Por último, para pechar esta semana de conmemoración e de reivindicación do papel da muller no avance científico, no centro tiñan unha xornada de experimentos coa colaboración das familias, na que o alumnado demostrou a súa competencia no ámbito STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.