CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Xornada de letras, lendas, sendeirismo e xogos populares, o 18 de maio en Viana do Bolo

Pinchacarneira propón varias actividades para o día despois das Letras Galegas

Obradoiro do Día do Libro organizado por Pinchacarneira. /Foto cedida.

 

Para o martes 18 de maio, xusto despois das Letras Galegas, Pinchacarneira propón en Viana do Bolo dous interesantes plans baixo o lema “Galicia terra de letras e lendas”, por idades e actividades de mañá e tarde con xantar incluído.

O primeiro, recomendado para nenos ata os 7 anos, é unha “Brincamañá con xantar e actividades de tarde en Pincha, cunha ximkana de xogos e actividades facendo un tour polas diferentes festas populares galegas (Festa do Boi, Desembarco Vikingo, Arribada, Festa da Auga, Arde Lucus, Entroido, homenaxe ás Letras Galegas con probas/retos e actividades lúdico-educativas. Moito xogo e moita diversión”, explican dende a organización. Ao mediodía haberá un xantar-romaría en Pinchacarneira, e pola tarde xogos populares e obradoiros de pins e chapas.

O segundo plan, xa para maiores de 7 anos, xira en torno a unha ruta de sendeirismo con subida a San Mamede a partir das 10 horas. “Unha ruta na que iremos atopando personaxes literarios, culturais, músicos, e representacións das festas populares galegas. Debemos ir superando os retos marcados polos personaxes para ir obtendo os nosos nosos sellos culturais antes de chegar a destino”, explican dende Pinchacarneira. O xantar será en San Mamede e a actividade inclúe xogos populares e tradicionais con regreso a Viana en torno ás 17:30 horas.

Ámbolos dous plans contan con todos os protocolos Covid (roteiro en mini grupos, uso de mascarilla,…) e “o Concello de Viana do Bolo patrocina o xantar dos participantes e un agasallo propio da Pincha Romaría Galicia Terra de Lendas”, puntualizan dende a organización.

Para máis información e inscricións: 622 341 094.

 

Artigos relacionados

Back to top button