ConcellosO BarcoÚltima hora

Xornada de limpeza no río Sil, este venres 26 de novembro no Barco

Búscase ata un máximo de 60 voluntarios para colaborar coa recollida de residuos na beira do río, entre o Campiño de Viloira e a desembocadura do arroio Balado

Río Sil ao seu paso por Viloira.

 

Da man de Coca-Cola España, en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello do Barco, o proxecto “Mares Circulares” chega a Valdeorras, cunha limpeza no río Sil ao seu paso polo Barco (entre o Camiño de Viloira e o regato Balado) prevista para este venres 26 de novembro, cun programa a desenvolver en horario de mañá.

O punto de encontro será o parque do Campiño de Viloira, entre as 10:15 e as 10:30 horas e a esa hora comezará a actividade propiamente dita cunha pequena charla de sensibilización a cargo da Asociación Chelonia. De seguido procederase á entrega de material para limpeza (luvas,bolsas, gorra e poncho para cuvia en caso necesario), comezando a limpeza pola marxe do río en torno ás 10:50 horas. A xornada remartará en torno ás 13 horas no mesmo Campiño, onde os asistentes compartirán  un momento de encuentro con  picnic (entregado en bolsa Coca-Cola feita cos botellas recollidas na edición anterior), pesaxe e segregación de residuos para posterior reciclaxe.

Para colaborar coa recollida de residuos (ata un máximo de 60 persoas) os interesados deden inscribirse enviando un correo eléctronico a:mtroncoso@ccep.com ou marescircularesriosil@gmail.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button