Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Xornada de orientación en idade escolar, no Barco de Valdeorras

 

Tras un ano e medio sen Xogade, a comarca de Valdeorras recuperaba neste mes de novembro a actividade de deporte escolar. Primeiro era en atletismo da man da delegación valdeorresa da FGA e da Agrupación Deportiva Valdeorras, cunha xornada hai unha semana e onte, tocáballe o turno á orientación.

 

 

Da man da sección de orientación do Club Peña Trevinca Barco, na mañá do domingo 21 de novembro celebrábase na área recreativa do Salgueiral, unha xornada de orientación en idade escolar, na que participaban cativos do Peña Trevinca, do Pablo VI da Rúa e do Barco.

“Non houbo moita afluencia, porque parece que nos colexios teñen medo de participar, pero os que viñeron fixérono moi ben. Ademais é un deporte pouco coñecido, e para ser en domingo con frío e malia a pandemia, non estivo mal”, recoñece Pablo Aller, responsable da sección de orientación do club barquense, asegurando que pensa axudar á Agrupación Deportiva Valdeorras “a impulsar de novo o deporte escolar”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button