ConcellosÚltima hora

Xornada de “Pesca do peixe lixo” no río Sil dende Os Chancís e Doade

Un verán máis, a iniciativa para limpiar as augas do Canón do Sil desenvolverase o vindeiro 17 de xuño
Participantes na “Pesca do peixe lixo” o ano pasado.

Rodas, defensas de coches, lavadoras, caixas de uvas, botellas de auga, latas de refrescos, plásticos de produtos fitosanitarios,… Son algúns dos peixes lixo que invaden o Canón do Sil, en plena Ribeira Sacra e, como cada verán, a empresa turística SilTrip promove unha ou dúas xornadas para sacalos e limpar as augas do Sil ao seu paso por esta parte dea Rede Natura 2000.

Este ano a actividade “Pesca do  peixe lixo”está prevista para o sábado 17 de xuño, entre as 12 e as 18h. Tal como explican dende a organización, o punto de partida será o embarcadeiro de Os Chancís (Sober), onde SilTrip ten os kayaks, oito embarcacións que serán postas a disposición dos voluntarios que se unan á limpeza do río de forma gratuíta. “Son kayaks bipraza, así que poderán estar traballando no Sil de forma simultánea 16 persoas”, puntualizan dende a organización, engadindo que os Concellos de Sober e Monforte de Lemos, axudan na xestión do lixo  así como no seu transporte ao punto limpo correspondente.

Para organizar os grupos é obrigatorio apuntarse á pesca chamando ao 982 460 714 (SilTrip, en Os Chancis) ou ao 648 05 15 09 (Boral Aventuras, en Doade). Desde SilTrip fan un chamamento “a todos os veciños, turistas, empresas, asociacións veciñais, piragüistas, escaladores, viticultores, concellos e demais interesados en manter limpo o Canón do Sil, que se sumen á iniciativa, ben participando ou ben colaborando con donacións ou agasallos para sortear entre os participantes”.

 

Un momento da recollida na pasada edición.

Artigos relacionados

Back to top button