Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Xornada de portas abertas de Orientación do Club Peña Trevinca Barco o 24 de setembro

 

Dar a coñecer a orientación e tamén o labor e actividades que desenvolve dende hai anos neste deporte o Club Peña Trevinca Barco. Este é o obxectivo dunha xornada de portas abertas que a sección de Orientación desta entidade deportiva organizará o vindeiro domingo 24 de setembro.

O lugar de encontro será a área recreativa de O Salgueiral, no Barco, e a iniciativa comezará ás 16 h. “A actividade está destinada ao público en xeral a partir dos 9 anos, con ganas de facer un pouco de deporte ao aire libre”, asegura Pablo Aller, responsable da sección de Orientación do Club Peña Trevinca Barco.

 

 

A inscrición para participar nesta xornada de portas abertas é gratuíta, só é necesario mandar un e-mail a: ori.trevinca@yahoo.es indicando nome e apelidos, data de nacemento, número de teléfono e un e-mail de contacto. Dende o club anímase á veciñanza a participar nesta xornada.

Artigos relacionados

Back to top button