Estaba prevista para o día 10 pero a intensa chuvia coa que amencía ese día obrigaba a cambiar a data e finalmente era na mañá deste sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, cando se celebraba no Barco de Valdeorras unha xornada da liga escolar valdeorresa de orientación a pé (Xogade) organizada polo club Our-O.
O presidente do club, Pablo Aller, explica que había inscrita unha vintena de persoas (18 nenos e 2 adultos) pero finalmente eran 15 os que asistían, principalmente do CEIP Manuel Respino da Rúa e do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira aínda que tamén había un par de nenos do CEIP Julio Gurriarán que guiados polo propio Pablo, desfrutaron dunha interesante actividade nun labirinto especialmente creado para eles.
Fotos e vídeos cedidos.



