EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Xornada de portas abertas nas Rutas do Viño de Valdeorras, Monterrei, Ribeiro e Ribeira Sacra

A novena edición desta actividade enoturística celebrarase, por vez primeira, no outono

 

Un percorrido en torno ao viño e a vide para descubrir a singularidade cada dunha das zonas produtivas e elaboradoras galegas, e moito máis. Isto é o que propón a novena edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei, que se celebrarán neste outono.

A primeira ruta en desenvolvelas será a do Ribeiro, do 23 ao 25 de outubro. Nela participarán 13 adegas, e incluirá actividades como visitas a adegas, obradoiros, catas, recoñecementos a castes autóctonas, visitas ao Museo do Viño de Galicia ou ao Museo Etnolóxico, entre outras.

E, na seguinte fin de semana (30 de outubro-1 de novembro), terán lugar estas xornadas en Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra. En Valdeorras, nesta edición, participarán oito adegas e no programa de actividades ofertaranse propostas como catas, concertos, rutas de sendeirismo e en catamarán, un túnel do viño, etc.

Tamén nesa fin de semana terán lugar as xornadas de portas abertas nas rutas de Monterrei coa implicación de catro adegas e iniciativas como rutas polos lagares rupestres, obradoiros de viñedos e fíos ou visitas culturais. E xa na Ribeira Sacra, con 10 adegas, realizáranse actividades como a Ruta do Románico en Sober, vistas a museos, catas-maridaxes ou rutas de sendeirismo.

 

Artigos relacionados

Back to top button