SanidadeÚltima hora

Xornada de sensibilización e prevención da silicose para os traballadores da lousa

Estaba organizada pola Federación da Construción e Madeira da CIG e impartíase na mañá do 19 de outubro no Barco

Sensibilizar aos propios traballadores do sector da lousa da importancia da prevención inicial fronte ao risco de silicose, coñecendo as súas causas e os xeitos de protexerse ante o primeiro impacto usando os EPIs (Equipos de Protección Individual). Este era o obxectivo da “Xornada Nacional de Sensibilización sobre a Silicose” que organizaba na mañá do 19 de outubro a Federación de Construción e Madeira da CIG (FCM) no edificio multiusos do Barco de Valdeorras.

Nela interviñan facultativos especializados nesta materia como é o caso de Manuel Gil Fernández, especialista en Medicina do Traballo e ex xefe do equipo técnico de Medicina laboral do centro ISSGA de Pontevedra, e o neumólogo José Jesús Blanco Pérez do servizo de Neumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Pola parte sindical participaban o secretario nacional da Federación de Construción e Madeira da CIG, Plácido Valencia e o secretario comarcal de Ourense Anxo Pérez Carballo.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button