CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Xornada matutina do “Valdeo Fest”: un día para pasar en familia

Música e inchables foron as grandes atraccións

 

 

 

A primeira edición do “Valdeo Fest” comezou a ritmo de gaita e tambor. Atraídos pola melodía, as primeiras familias e algúns curiosos, bailaron as beiras do río Sil.

Unha das actividades máis esperadas polos nenos fíxose de rogar. Segundo informou Carlos Blanco, presidente da Asociación de Músicos de Valdeorras, o retraso debeuse ao accidente do vehículo que transportaba os inchables. Este suceso, fixo que se alterase lixeiramente a programación.

Resolto o contratempo todo transcorreu con normalidade. Entre risas e música os cativos brincaron e disfrutaron coas colchonetas.

“Tiñan que organizarse máis festivais coma esta. Están moi ben para os rapaces e para os maiores” aseguraba Fernando. Para Ignacio, outro dos país asistentes, “a iniciativa está xenial” aínda que preferiría “outro horario para as actividades”. A Mónica, parécelle “unha iniciativa estupenda” e anima á xente a que se achegue.

“Os nenos disfrutan e iso está ben. Ademais agradécense iniciativas para o lecer de balde dado o momento económico” sinalaba Javi.

Antes de repoñer forzas cunha boa churrascada os pequenos gozaron na festa da escuma, que se prolongou ata cerca das dúas e media.

O ambiente festivo respirarase durante toda a xornada. Os nenos volverán a disfrutar dos inchables a partir das cinco, e unha hora máis trade, poderán cantar as súas cancións favoritas con algúns dos compoñentes de AMAVA.
Ao anoitecer a música rock collerá as rendas do “Valdeo Fest”. Todos os amantes deste xénero musical poderán saborear a música dos mellores grupos da comarca.

De boca en boca

A primeira edición do “Valdeo Fest” tivo ,dende que saíu a luz a iniciativa, unha gran difusión entre a xente nova.

Carlos González

Carlos González.
Carlos González.

“Entereime do evento grazas a información publicada por O Sil, e asistirei ao certame. Estou seguro de que o pasarei mellor no Valdeo Fest que nunha discoteca. O Barco non é unha gran cidade, pero hai moi bo rock. Ademais, é unha sorte que AMAVA conseguira un local onde poder ensaiar calquera tipo de música”.

Xabier Álvarez

Xabier Álvarez.
Xabier Álvarez.

“AMAVA fai unha labor encomiable. Sen esta asociación non existirían estas iniciativas. Grandes eventos como Valdeo Fest nacen de pequenas ideas. A música rock atopase en auxe e hai que potenciala”.

Beatriz López

Beatriz López.
Beatriz López.

“Descubrín o Valdeo Fest a través dunha ligazón do Sil que compartiron nunha rede social. A idea é boa, xa que así danse a coñecer os grupos da zona e a súa música, que para moitos é descoñecida. Así mesmo, coas actividades propostas pola asociación todo o mundo poderá disfrutar do festival”.

Laura Longo

Laura Longo.
Laura Longo.

“O Valdeo Fest paréceme unha idea magnífica para dar a coñecer aos grupos de rock da bisbarra. Ademais, realízase nun entorno idílico”.

Texto e fotos: Miguel Gómez Longo

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button