CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Xornada medioambiental e educativa en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

Os alumnos do CPI Tomás Terrón Mendaña asistiron á solta de seis patos no río Sil

Moi preto do casco urbano de Sobradelo, a carón do río Sil (fronte ás novas piscinas) hai un fermoso espazo natural que agocha unha gran variedade de fauna. Así o descubrían dende o Concello de Carballeda cando comezaban as obras de limpeza e acondicionamento da zona, aproveitando os elementos do lugar (rochas, troncos para facer camiños e asentos,…). “Antes isto era un bosque cheo de maleza (aínda queda pero imos pouco a pouco) e durante a limpeza que se levou a cabo dende o Obradoiro de Emprego, puxémonos en contacto con Medio Ambiente e descubrimos unha gran riqueza, especialmente en aves”, explica a alcaldesa Mª Carmen González.

Ante este achádego decidían dar un paso máis e acercar o entorno natural aos máis pequenos “para que coñezan o que temos moi preto de casa e aprendan a valoralo”, asegura a alcaldesa. Para iso organizaban unha xornada ambiental que tiña lugar na mañá do 19 de xuño, implicando aos cativos do CPI Tomás Terrón Mendaña e aos membros do Obradoiro de Emprego (20 alumnos, 3 docentes, 1 director e 1 administrativo) que Carballeda comparte con outros catro concellos rurais de Valdeorras: Larouco, A Veiga, Rubiá e O Bolo.

Orientados pola Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/Birdlife) os alumnos comezaban a xornada cun obradoiro no local social de Sobradelo que incluía a construción de caixas niños. Coas caixas xa feitas (unha por cada alumno), a actividade trasladábase ata o espazo natural propiamente dito, que conta cun pequeno mirador de cara ao río, onde seleccionaron as árbores nas que posteriormente as colgaron.

Con todo, o momento central do día era a chegada ao lugar dos nenos do colexio. Con guías de campo e primáticos, aproveitaron a viaxe para localizar algunha das aves que alí viven (Picapeixe, Lavanco, Garza Cinsenta, Bilurico Bailón, Mero Rieiro,…) ao tempo que os expertos ía colocando as caixas nas árbores sinaladas e recibían ao persoral do Centro de Recuperación de Fauna de Oleiros, pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que procederon á solta de seis patos silvestres nas augas do río Sil ao seu paso por Sobradelo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button