
Neste outono O Barco acollerá unha nova xornada formativa relativa ao sector do castiñeiro. Así para o vindeiro 2 de outubro está prevista a sesión “O castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións” a partir das 17:30h no salón de actos do edificio multiusos. Será impartido pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia.
As persoas interesadas poderán en asistir poderán descargar a folla de inscricón, que é gratuíta, en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2020 . Despois deberá cubrirse e enviarse ao correo info@castanadegalicia.org .