
O vindeiro 20 de outubro terá lugar no Bolo a sesión formativa “O castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións”. Será impartida a partir das 17h. no salón de actos do Concello polo secretario da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Manuel López Vilariño. A súa duración será de catro horas.
As persoas interesadas en asistir poderán descargar a folla de inscricón, que é gratuíta, en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2020 . Despois deberá cubrirse e enviarse ao correo info@castanadegalicia.org .