
A normativa e a situación actual das enfermidades profesionais no sector da lousa eran a temática central da xornada que a CIG organizaba na tarde do 26 de marzo no edificio multiusos do Barco. Partíase das definicións que na lei se fan de accidente de traballo e de enfermidade profesional para, de seguido, matizar cales eran as principais existentes no sector da lousa. “A silicose merece unha mención especial, é a enfermidade por excelencia do sector, pero non é a única. Hai moitas outras lesións musculo-esqueléticas na lousa”, destacaba Anxo Pérez, membro da executiva confederal da CIG e técnico de PRL.

Na xornada, que foi presentada polo secretario da Unión Local da CIG Valdeorras, Francisco Moral, tamén participaba como ponente Liliana Lafuente, técnida de PLR do gabinete de saúde laboral da CIG en Ourense. Na súa intervención abordaba a normativa e a situación actual das enfermidades profesionais no sector da lousa.
