ConcellosÚltima hora

Xornadas Abertas Agroforestais, en Montederramo do 24 ao 27 de maio

Están promovidas polo Obradoiro de Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas AGAR 0208 en colaboración cos Concellos de Castro Caldelas, A Teixeira e Montederramo

 

Repoboacións forestais, permacultura, horticultura, gobernanza nas comunidades de montes, pragas e enfermidades do castiñeiro, viticultura ecolóxica, xestión multifuncional dunha comunidade de montes, lexislación forestal ou prevención e extinción de incendios forestais. Son algúns dos temas que se abordarán no decurso das Xornadas Abertas Agroforestais que se celebrarán do 24 ao 27 de maio no claustro do Mosteiro de Montederramo, cun completo programa que ademais de ponencias e mesas redondas incluirá visitas a un horto xardín en Cristosende (A Teixeira) ou ao Muíño de Antolín en Montederramo, así como un taller práctico sobre plantas silvestres comestibles.

Estas xornadas están promovida polo Obradoiro de Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas AGAR 0208 en colaboración cos Concellos de Castro Caldelas, A Teixeira e Montederramo. A iniciativa nace “da necesidade de achegar á programación do curso, as experiencias técnicas e vivenciais dos relatores que de maneira desinteresada quixeron participar nas mesmas”, din os organizadores, destacando ademais que “todos os bloques son en aberto, poderán asistir todas as persoas que estean interesadas”.

O programa

 

Artigos relacionados

Back to top button