EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornadas “Emprego e emprendemento en Valdeorras”, no Barco

Celebraranse do 22 ao 24 de novembro no Centro de Formación de AEVA
Imaxe dun curso impartido anteriormente no Centro de Formación de AEVA.
Imaxe dun curso impartido anteriormente no Centro de Formación de AEVA.

A busca activa de emprego, a elaboración eficaz do currículo, a preparación de entrevistas de traballo ou as alternatias de emprego. Serán algunhas das cuestións que se abordarán no decurso das “Xornadas de emprego e emprendemento en Valdeorras”, que se desenvolverán do 22 ao 24 de novembro no Centro de Formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), no Barco.

Serán un total de nove horas de formación coa presenza do dous relatores: Jorge Sieiro Froiz, experto en xestión de recursos humanos e docente, e Rosa Ana Vidal Tubío, orientadora do servizo de información, orientación e prospección de emprego de AEVA.

Esta acción formativa está estruturada en tres días e impartirase a partires das 18h. Na sesión do martes 22 de novembro analizaranse cuestións como a situación do mercado de traballo, autocoñecemento e definición do obxectivo profesional, a marca persoal, o proceso de búsqueda de emprego e o currículo e a carta de presentación.

O segundo día, mércores 23 de novembro, o temario incluirá os recursos para a busca de emprego, as redes sociais e o emprego, os procesos de selección e a entrevista de traballo. E na derradeira xornada, a do xoves día 24, abordarase a formación para o emprego, o emprego público, o autoemprego-cooperativismo e economía social e as axencias de colocación.

emprego

Artigos relacionados

Back to top button