ConcellosÚltima hora

Xornadas sobre a podremia da uva, o 13 de xuño no Barco

Desenvolveranse no edificio multiusos e serán organizadas pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia
Imaxe do díptico das xornadas.

“Enfermidades da vide e o seu control: A podremia gris” é o título das quintas xornadas que organizará no Barco a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL). Están programadas para o vindeiro 13 de xuño a partires das nove e media da mañá no salón de actos do edificio multiusos da vila e contarán coa participación de media ducia de ponentes.

A primeira intervención correrá a cargo de Pilar Giménez, directora de Asuntos Reglamentarios de Syngenta España, quen dará unha visión xeral dos produtos fitosanitarios en España. Despois, Elisa González, investigadora en patoloxía vexetal, falará sobre a potencialidade da modelización no control da podremia.

A partires das 11:30h. está pevisto o relatorio “Alternativas aos funxicidas químicos para o control da podremia da uva”, da man de Carlos Calvo Garrido, responsable da área de viticultura e patoloxía do Centro Tecnolóxico do viño de Tarragona, e despois abordaranse os novos produtos para o control da podremia gris con varios técnicos. A última das exposicións será sobre xestión sobre envases sanitarios, con Óscar Hoyos, responsable de zona de Sigfito Agroenvases. Finalmente terá lugar unha mesa redonda coordinada por Emilia Díaz, tecnóloga de viticultura da Evega.

O prazo de inscrición destas xornadas rematará o día 12 de xuño. O programa e a folla de solicitude das mesmas pode descargarse en: https://evega.xunta.gal/es/xornadas-tecnicas-enfermidades-da-vide-e-o-seu-control-a-podremia-gris/

Na organización desta actividade tamén colaboran o Concello de O Barco de Valdeorras, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button