ConcellosÚltima hora

Xornadas “Violencia sobre a muller: intervención policial e protección das vítimas”, no Barco

Están promovidas dende a Subdelegación do Goberno en Ourense e terán lugar o 7 de outubro no Multiusos

 

O vindeiro 7 de outubro, entre as 10h. e as 13h., o edificio Multiusos do Barco acollerá as Xornadas “Violencia sobre a muller: intervención policial e protección das vítimas”, promovidas pola Subdelegación do Goberno en Ourense.

A actividade será presentada por María Alida Iglesias Gil, xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, e contará con dous ponentes: Aser Moreiro Casal (EMUME da Garda Civil) e Laura Cruz Cruz (EMUME da Garda Civil).

Esta acción formativa vai destinada a persoal do CIM “O Barco de Valdeorras”, do CIM “Viana do Bolo”, á Garda Civil, Policía Local de O Barco de Valdeorras, Policía Local de A Rúa, Policía Local de Viana do Bolo, así como a traballadores/as xociais e concelleiros/as dos Concellos de O Barco de Valdeorras, Rubiá, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Petín, Larouco, O Bolo, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

A inscrición pode realizarse enviando por correo-e a unidades_violencia.ourense@correo.gob.es

 

 

Artigos relacionados

Back to top button